martes, 10 de enero de 2012

O desenvolvemento do noso cerebro.

Falar do crecemento e do desenvolvemento do noso cerebro é interesante dentro deste blog, xa que no cerebro atópase o soporte físico de todos os procesos psíquicos.
Dende a concepción da persoa, o cerebro comeza o seu crecemento. Na etapa prenatal o cerebro é o órgano que máis crece con respeto ó resto de órganos. Ó nacer, o cerebro humano posúe o 25% do seu peso en idade adulta e cara os 3 ou 4 anos de idade acada o 80% do seu peso total. A cortiza cerebral é a parte do cerebro que máis se desenvolve e suporá arredor dun 85% do peso total na idade adulta.
As neuronas son as células máis destacable de calquera cerebro, na etapa fetal prodúcense no cerebro arredor de 250.000 neuronas por minuto, de xeito que, no momento do nacemento, o cerebro dispón de entre 100 e 200 billóns de neuronas. Cara o sétimo mes de embarazo, case a totalidade das neuronas que constituirán o cerebro están xa presentes.
As neuronas nacen no tubo neuronal de onde emigran cara todas as partes do cerebro. Estas migracións están controladas por procesos neuroquímicos e mecánicos que indican a cada neurona cara onde debe ir. Calquera transtorno que afecte ó feto durante o embarazo pode ter un impacto irreversible sobre a producción e migración das neuronas, o que se traducirá en anomalías psíquicas que poderían chegar a ser devastadoras para o normal funcionamento psicolóxico.
Unha vez que estas chegan a parte do cerebro que lle corresponde, realízase un proceso de diferenciación neuronal na cal a neurona especializase nunha determinada función, esto ocorre sobre todo despois do nacemento. Unha adecuada estimulacion, contribue a mellora da especializacion neuronal.

Pódese dicir que canto máis activo sexa o cerebro, canta máis estimulación axeitada reciba, cantas máis oportunidades de aprendizaxe se lle vaian subministrando, máis aumenta a funcionalidade da súa complexísima arquitectura.