sábado, 21 de enero de 2012

Estilos disciplinarios dos pais e as súas repercusións nos seus fillos.

Na anterior publicación do blog, fixen referencia a catro textos que poderían definir a xuventude nos días de hoxe, destacando que estes textos están datados nos séculos III, IV e V a.C.

Dende sempre, foi coñecido que os mozos e mozas en idades adolescentes son difíciles de entender, de saber o que pensan, de saber como se senten e cales son os seus sentimentos,… xa que están nun proceso de cambio a nivel biolóxico, psicolóxico, sexual e social. Pero non debemos esquecernos do importante papel que exercen os pais nestas idades, xa que deben axudalos a desenvolver relacións adultas, que deben ser un referente de valores, principios, normas, etc, pero tamén un referente para que os adolescentes descubran a súa propia identidade.
Existen investigacións sobre a función que xoga os estilos disciplinarios dos pais no proceso de cambio dos mozos e mozas. Estas investigacións agrupan os pais en catro estilos disciplinarios: pais democráticos, pais autoritarios, pais permisivos e pais indiferentes. Cada un deles exerce sobre os seus fillos distintos modelos de conduta que agora paso a explicar:

Os pais democráticos son aqueles que proporcionan unha boa comunicación e afecto cos fillos, o control non é coercitivo e favorecen unha conducta responsables. Estes pais favorecerán nos seus fillos a confianza en si mesmos, unha boa actitude e rendemento escolar, ademais dunha boa saúde mental e escasos problemas de conduta.

Os pais autoritarios que se comportan de forma fría e excesivamente controladora favorecen nos seus fillos a obediencia e conformismos nalgúns casos, pero tamén a hostilidade e rebeldía noutros casos. Ademais, serán persoas con pouca confianza neles mesmos, con problemas depresivos e unha baixa autoestima.

Os pais permisivos destacan por seren pais de conduta calida e afectuosa e que mostran déficit no control da conduta dos fillos, polo que favorecerán nos fillos a confianza neles mesmos, pouco malestar psicolóxico, falta de esforzo, problemas de conduta e posiblemente cosumo de alcohol e drogas.

Por último, os pais indiferentes destacan por non lle mostrar afecto e exercer pouco control sobre os fillos, isto vai desencadear en rapaces con problemas escolares, problemas de axuste psicolóxico ademais de unha baixa autoestima e moitos problemas de conducta e abuso no consumo de drogas.



No hay comentarios: