lunes, 2 de enero de 2012

Intelixencia Emocional



O concepto de intelixencia emocional non tivo unha gran difusión ata 1995, data na cal Daniel Goleman publica o seu libro “Intelixencia Emocional”. Grazas a esta publicación deuse a coñecer ó mundo este novo termo da intelixencia.


O concepto de intelixencia emocional xurde a partir da teoría das intelixencias múltiples que publica Howard Gadner en 1983. Esta teoría propón, como xa comentei en antigas publicacións do blog, que cada individuo posúe oito intelixencias. Destas oito intelixencias de Gadner, foron a intelixencia interpersoal e a intelixencia intrapersoal as que utilizaron as psicólogas Saloverey e Mayer para definir en 1990 a intelixencia emocional como “un tipo de intelixencia social que inclúe a habilidade de supervisar e entender as emocións propias e as dos demáis, discriminar entre elas, e usar a información para guiar o pensamento e as accións dun mesmo. Un subconxunto da intelixencia social que comprende a capacidade de controlar os sentimentos e emocións propias; así como as dos demáis, de discernir entre elas esta información para guiar o noso pensamento e as nosas accións”.

Goleman no libro “Intelixencia Emocional” escribe: “Utilizo o termo emoción para referirme a un sentimento e os seus pensamentos característicos, a estados psicolóxicos e biolóxicos e a unha variedade de tendencias a actuar. Existen centos de emocións, xunto coas súas combinacións, variables, mutacións e matices. En efecto, existen na emoción máis sutilezas das que podemos nomear.”
En 1998, Goleman no seu libro “intelixencia emocional na empresa” da unha nova definión. “O termo de intelixencia emocional refierese a capacidade de reconocer os nosos  propios sentimentos e os axenos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nos mesmos e nas nosas relacións”

Esta última definición é a que mellor nos axuda a entender o concepto de intelixencia emocional e, polo tanto, debería de ser a explicación de cabeceira para calquera que queira falar de intelixencia emocional.

No hay comentarios: