sábado, 21 de enero de 2012

Estilos disciplinarios dos pais e as súas repercusións nos seus fillos.

Na anterior publicación do blog, fixen referencia a catro textos que poderían definir a xuventude nos días de hoxe, destacando que estes textos están datados nos séculos III, IV e V a.C.

Dende sempre, foi coñecido que os mozos e mozas en idades adolescentes son difíciles de entender, de saber o que pensan, de saber como se senten e cales son os seus sentimentos,… xa que están nun proceso de cambio a nivel biolóxico, psicolóxico, sexual e social. Pero non debemos esquecernos do importante papel que exercen os pais nestas idades, xa que deben axudalos a desenvolver relacións adultas, que deben ser un referente de valores, principios, normas, etc, pero tamén un referente para que os adolescentes descubran a súa propia identidade.
Existen investigacións sobre a función que xoga os estilos disciplinarios dos pais no proceso de cambio dos mozos e mozas. Estas investigacións agrupan os pais en catro estilos disciplinarios: pais democráticos, pais autoritarios, pais permisivos e pais indiferentes. Cada un deles exerce sobre os seus fillos distintos modelos de conduta que agora paso a explicar:

Os pais democráticos son aqueles que proporcionan unha boa comunicación e afecto cos fillos, o control non é coercitivo e favorecen unha conducta responsables. Estes pais favorecerán nos seus fillos a confianza en si mesmos, unha boa actitude e rendemento escolar, ademais dunha boa saúde mental e escasos problemas de conduta.

Os pais autoritarios que se comportan de forma fría e excesivamente controladora favorecen nos seus fillos a obediencia e conformismos nalgúns casos, pero tamén a hostilidade e rebeldía noutros casos. Ademais, serán persoas con pouca confianza neles mesmos, con problemas depresivos e unha baixa autoestima.

Os pais permisivos destacan por seren pais de conduta calida e afectuosa e que mostran déficit no control da conduta dos fillos, polo que favorecerán nos fillos a confianza neles mesmos, pouco malestar psicolóxico, falta de esforzo, problemas de conduta e posiblemente cosumo de alcohol e drogas.

Por último, os pais indiferentes destacan por non lle mostrar afecto e exercer pouco control sobre os fillos, isto vai desencadear en rapaces con problemas escolares, problemas de axuste psicolóxico ademais de unha baixa autoestima e moitos problemas de conducta e abuso no consumo de drogas.



viernes, 13 de enero de 2012

Catro textos para a reflexión

Hoxe é día de reflexión. Aquí tedes catro textos que falan sobre a xuventude ou adolescencia.

Hipócrates
Texto 1. “Adquirir dende mozos tales ou cales hábitos non ten pouca importancia: ten unha importancia absoluta”. (AR)

Texto 2. “Os mozos de hoxe non parecen ter respeto algún polo pasado, nin esperanza algunha polo porvir” (Hip)

Texto 3. “Os mozos de hoxe aman o luxo, teñen manías e desprezan á autoridade. Responden ós seus pais, cruzan as pernas e tiranizan ós seus mestres”. (SC)

Texto 4. “Os mozos de hoxe son uns tiranos. Contradicen ós seus pais, devoran a súa comida e faltanlle ó respeto ós seus mestres.  Nada resulta demasiado difícil para a xuventude”. (SC)                                                                              

Parece que estos textos describen os adolescentes de hoxe,… pero estos textos son de Aristóteles (384 a.C-322 a.C) filósofo griego, Hipócrates  (siglo V a. C., considerado como o pai da medicina moderna occidental) e Sócrates (470 a.C.-399 a.C.) filósofo grego considerado como un dos máis grandes, tanto da filosofía occidental, como universal e como precursor de Platón e Aristóteles, sendo os tres representantes fundamentais da filosofía grega).

martes, 10 de enero de 2012

O desenvolvemento do noso cerebro.

Falar do crecemento e do desenvolvemento do noso cerebro é interesante dentro deste blog, xa que no cerebro atópase o soporte físico de todos os procesos psíquicos.
Dende a concepción da persoa, o cerebro comeza o seu crecemento. Na etapa prenatal o cerebro é o órgano que máis crece con respeto ó resto de órganos. Ó nacer, o cerebro humano posúe o 25% do seu peso en idade adulta e cara os 3 ou 4 anos de idade acada o 80% do seu peso total. A cortiza cerebral é a parte do cerebro que máis se desenvolve e suporá arredor dun 85% do peso total na idade adulta.
As neuronas son as células máis destacable de calquera cerebro, na etapa fetal prodúcense no cerebro arredor de 250.000 neuronas por minuto, de xeito que, no momento do nacemento, o cerebro dispón de entre 100 e 200 billóns de neuronas. Cara o sétimo mes de embarazo, case a totalidade das neuronas que constituirán o cerebro están xa presentes.
As neuronas nacen no tubo neuronal de onde emigran cara todas as partes do cerebro. Estas migracións están controladas por procesos neuroquímicos e mecánicos que indican a cada neurona cara onde debe ir. Calquera transtorno que afecte ó feto durante o embarazo pode ter un impacto irreversible sobre a producción e migración das neuronas, o que se traducirá en anomalías psíquicas que poderían chegar a ser devastadoras para o normal funcionamento psicolóxico.
Unha vez que estas chegan a parte do cerebro que lle corresponde, realízase un proceso de diferenciación neuronal na cal a neurona especializase nunha determinada función, esto ocorre sobre todo despois do nacemento. Unha adecuada estimulacion, contribue a mellora da especializacion neuronal.

Pódese dicir que canto máis activo sexa o cerebro, canta máis estimulación axeitada reciba, cantas máis oportunidades de aprendizaxe se lle vaian subministrando, máis aumenta a funcionalidade da súa complexísima arquitectura.

domingo, 8 de enero de 2012

Desenvolvemento da intelixencia mediante os xoguetes

 Hoxe gustaríame falar de cómo podemos traballar cada unha das intelixencias que propón Gadner cos máis pequenos da casa utilizando para este propósito os xoguetes típicos da infancia.


Cada tipo de xoguete pode contribuir en maior ou menor medida a desenvolver un tipo intelixencia, por iso realizo unha pequena clasificación de xoguetes segundo a intelixencia que se desexe desenvolver.
TIPO DE INTELIXENCIA
CARACTERÍSTICAS
XOGUETES

LINGÜÍSTICA
Deben estimular o uso de palabras e sons.
Micrófonos, teléfonos, obxetos que representen instrumentos na vida real,...





LÓGICO-MATEMÁTICA

Xogos que impliquen a comprensión de relacións de cantidade e patróns lóxicos.
Rompecabezas, caixas con pezas de diferentes formas e cores, xogos de comparación e de seriacións, xoguetes avanzados de debuxo, calculadoras de xoguete, pirámides, dominós de letras e números,…





ESPACIAL
Deben de permitir a representación de imáxes e as interrelacións de espazo, formas, figuras, línea e cor,…
Mosaicos de formas e cores, bloques e laberintos, xogos de radio control, pizarras, xogos electrónicos con gráficos, rompecabezas de imaxes, dominós de figuras xeométricas, libros de imágenes, cadernos de colorear, recortar e de recheo, plastilina,…





FÍSICO-CINESTÉSICA
Todos aqueles que promovan sensacións somáticas, de equilibrio físico e de aprendizaxe manual.
Xoegos de arrastre, de exterior, cabalos de xoguete, palillos chinos, gateadores, construcións, carruseles, tobogans, escaleiras, triciclos, cubo e pas, martillo e tacos, pelotas e balóns, axouxeres,…

MUSICAL
Todos aqueles que involucren a percepción de sons musicais e armónicos.
Instrumentos musicais, equipos de música, xogos educativos electrónicos con sons e ritmos musicais, micrófonos,…


INTERPERSONAL
Facilitadores da comunicación social e o contacto afectuoso cos demáis.
Títeres, xogos de mesa diversos como as damas, o parchís, os dominós, entre outros e xoguetes para actividades colectivas.

INTRAPERSONAL
Aqueles que faciliten a concentración individual e as premisas de introspección.
Xogos electrónicos de uso individual, xogos didácticos de autocorrección.

NATURALISTA
Xogos relacionados coa observación dos modelos da Natureza.
Xogos de granxa, animais, xardinería,...

lunes, 2 de enero de 2012

Intelixencia Emocional



O concepto de intelixencia emocional non tivo unha gran difusión ata 1995, data na cal Daniel Goleman publica o seu libro “Intelixencia Emocional”. Grazas a esta publicación deuse a coñecer ó mundo este novo termo da intelixencia.


O concepto de intelixencia emocional xurde a partir da teoría das intelixencias múltiples que publica Howard Gadner en 1983. Esta teoría propón, como xa comentei en antigas publicacións do blog, que cada individuo posúe oito intelixencias. Destas oito intelixencias de Gadner, foron a intelixencia interpersoal e a intelixencia intrapersoal as que utilizaron as psicólogas Saloverey e Mayer para definir en 1990 a intelixencia emocional como “un tipo de intelixencia social que inclúe a habilidade de supervisar e entender as emocións propias e as dos demáis, discriminar entre elas, e usar a información para guiar o pensamento e as accións dun mesmo. Un subconxunto da intelixencia social que comprende a capacidade de controlar os sentimentos e emocións propias; así como as dos demáis, de discernir entre elas esta información para guiar o noso pensamento e as nosas accións”.

Goleman no libro “Intelixencia Emocional” escribe: “Utilizo o termo emoción para referirme a un sentimento e os seus pensamentos característicos, a estados psicolóxicos e biolóxicos e a unha variedade de tendencias a actuar. Existen centos de emocións, xunto coas súas combinacións, variables, mutacións e matices. En efecto, existen na emoción máis sutilezas das que podemos nomear.”
En 1998, Goleman no seu libro “intelixencia emocional na empresa” da unha nova definión. “O termo de intelixencia emocional refierese a capacidade de reconocer os nosos  propios sentimentos e os axenos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nos mesmos e nas nosas relacións”

Esta última definición é a que mellor nos axuda a entender o concepto de intelixencia emocional e, polo tanto, debería de ser a explicación de cabeceira para calquera que queira falar de intelixencia emocional.

sábado, 31 de diciembre de 2011

Que é a intelixencia...

        Cando se fala do que é a intelixencia, téndese a pensar que a inteligencia é algo que non se pode mellorar, é dicir, que é algo innato a persoa humana e que non varía co paso do tempo pero a realidade é que co desenvolvemento de capacidades desenvolvese a intelixecia humana.

        Howard Gadner define a intelixencia como “a capacidade de resolver problemas ou elaborar produtos que sexan valiosos nunha ou máis culturas”. Este mesmo autor propuxo, en 1990, a Teoría das Intelixencias Múltiples. Teoría coa que propón que cada individuo posúe oito intelixencias (intelixencia musical, corporal, lingüística, lóxico-matemática, espacial, interpersoal, intrapersoal e naturalista) cada unha das cales pode ter un nivel de desenvolvemento maior ou menor que as outras. O desenvolvemento das mesmas pode depender dos factores xenéticos de cada individuo, da experiencia que o individuo adquire co paso do tempo ou dos seus antecedentes culturais. Polo tanto, se comparásemos Isaac Newton con Michael Phelps non poderiamos afirmar que un sexa máis intelixente que o outro senón que as súas intelixencias son distintas.


lunes, 26 de diciembre de 2011

Presentación

Hola a todos, esta é a primeira entrada do blog, moi pronto haberá moitas máis.
Ata logo!!!